The Soul Jacket

 In Conciertos GA
The Soul Jacket actuará o venres, 6 de agosto ás 21:00h.

Moitos anos e algúns cambios de formación sucedéronse dende que seis músicos a medio camiño entre Vigo e Nigrán (Pontevedra) se xuntaron en un sótano alá por Xullo de 2004 para tocar un puñado de cancións inspiradas polo sonido do Rock & Roll americano e británico de principios dos 70. Actualmente a banda está formada por: Jorge Mizer e Guillermo Gagliardi ás guitarras, Jann Zerega ó baixo Fender, Xabier Vieitez ás teclas, Mauro Comesaña á batería e Toño López á principal.

Despois de grabar algunhas demos que os levaron ós podios de numerosos concursos e situou o seu nome xunto ó de grandes referentes do Soul e Rock & Roll internacional, en 2012 viaxan ata os estudios Guitartown de Hendrik
Röver (os Deltonos) para grabar en apenas dez días e á vella usanza o seu aclamado primeiro álbum: Wood Mama, unha viaxe de once pistas polos sendeiros da música americana de raíz, con un sonido reverberante e cálido, deixando á vista as casi imperceptibles fallas de unha banda que transmitía a súa mensaje axita conciencias con honestidade.

Durante a extensa xira de presentación deste primeiro álbum, The Soul Jacket todavía conseguiron reunir tempo para compoñer, grabar e auto-producir o EP Gunpowder Valley (2013). Un divertimento de tres temas e máis de 20 minutos de duración cargado de conciencia ecolóxica, pero cheo de rabia e de un sentimento fumeante e psicodélico onde se debuxa un fogar e unha Galicia literalmente en chamas (recordando os devastadores incendios forestais dese verán de 2013).

Nun xiro inesperado en 2014 a banda consigue derribar o muro do “difícil segundo álbum” con un doble LP ó que titulan Black Cotton Limited. Con este novo disco The Soul Jacket desplegan un amplio imaxinario de Rhythm & Blues pegajoso, con longos pasaxes instrumentais, complexas armonías vocais e incluso tonadas de taberna mariñeira para cantar a voz en grito. Black Cotton Limited amosaba a unha banda madura e disposta a romper cas ataduras e o manierismo do Rock & Roll máis clásico.

Despois de dous anos de xira exhaustiva por España e algunha incursión no extranxeiro, a banda tómase un descanso para grabar outra peza de música artesanal, o EP de catro temas Soul BBQ (2016): Funk, Soul sureño acústico e ecos afro-latinos para unha música colorista, onde o fantasma da guerra e o éxodo de unha África resquebrajada se abre paso a través de ritmos febriles e cánticos reverberantes.

Ó ano seguinte a banda galega viaxa unha vez máis ata os Guitartown Recording Studios para grabar o seu terceiro álbum, (Untitled/Volumen III, 2017). En este álbum –con unha enigmática portada sen nome ou referencia algunha- o misterio e as influenzas musicais de unha Norteamérica case mitolóxica empapaban a música dos seus once cortes. Dende o blues lisérgico dos Fleetwood Mac da era Peter Green á melodía dos anos dorados do Laurel Canyon californiano, os vastos territorios dos pioneiros do Country Rock ou a melancolía das Basement Tapes de Bob Dylan & The Band.

Plastic Jail (autoeditado, 2018), grabado durante os meses de maio e xuño nos  estudios Radar da cidade de Vigo. Con esta nova grabación á vella usanza The Soul Jacket alcanza a plena madurez, pero sorprendentemente faino reinventando de manera revolucionaria esa fórmula inimitable de Rhythm & Blues, Rock & Roll e Southern Soul co que xa sorprenderon á crítica e público no seu aclamado debut de 2011. En esta “cárcel de plástico” respírase un ambiente cargado e sudoroso, con un sonido compacto, directo e acorde con un tempo presente frenético e incerto, e con guiños a bandas como Big Star ou os primeros Heartbreakers, á vez que neses medios tempos arrebatadores ós que nos teñen acostumbrados resonan ecos de The Kinks y The Beatles. Unha vuelta á esencia máis pura e á vez un paso de xigantes.

Social hosted video URL is empty.