Ruta Pena Molexa

 In Blog

Situada no Monte da Lagoa, a Pena Molexa non só é un dos monumentos megalíticos que máis lendas concentra de Galicia, senón que ademáis está situada nunha zona moi rica no referente ao seu valor paisaxístico e a variedade do seu ecosistema, convertíndose nun lugar privilexiado para realizar roteiros e sendeirismo.

En particular, a coñecida como “Ruta da Pena Molexa” conforma o seu percorrido arredor dos puntos de maior interese do Monte da Lagoa: santuarios e lugares de peregrinación como a Pena Lopesa, Campo do Avial e O Casal; o Castro de Vilasuso ou a mesma Pena Molexa que lle da o nome ao roteiro.

Esta ruta, convértese así nun xeito ideal de coñecer esta zona da Costa Ártabra, declarada Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e Espazo de Interese Paisaxístico. O trazado, que é en forma de oito, comeza e remata no mesmo lugar e ofrece a posibilidade de visitar só un dos dous circuitos. Toda a información está dispoñible na web oficial de Turismo do Concello de Narón.