Ruta dos Muíños

 In Blog

A Ruta dos Muíños permite coñecer de primeira man algúns dos puntos de máis interese do Concello de Narón pola beira do río Xuvia. O gran valor histórico e patrimonial desta zona vese acompañado á súa vez pola gran riqueza paisaxística que alberga, converténdose nun destino ideal para os amantes dos roteiros e todos aqueles que queiran coñecer mellor a zona.

A saída ten lugar no Monasterio de San Martiño de Xuvia, declarado Monumento Histórico-Artístico Nacional no ano 1972, e pouco máis de 13km despois, remata na Área Recreativa de Pedroso, que ademáis de ser un lugar de descanso acolle o muíño de Pedroso ou de Chao, datado preto do ano 1800. Ao longo do camiño hai tamén paradas tan esenciais como a presa do Rei, a ponte románica de Pielas ou a fonte de Odín, entre moitos outros.

Para saber máis sobre esta Ruta dos Muíños, como a duración ou a mellor época do ano para facela, toda a información está dispoñible no portal oficial de Turismo do Concello de Narón.