MARTINS ANEIROS BAND

 In Uncategorized @gl
Martins Aneiros Band actuará o sábado, 6 de agosto ás 13:00h.

A Martins Aneiros Band surxe da unión da cantante Paula Martins, quen fuera voz da Big Botton Band, e de Víctor Aneiros, guitarrista galego que suma xa oito discos ás súas espaldas.

O pasado verán a cantante apareceu como invitada do grupo do ferrolán nas súas actuacións no Fisterra Blues Experience e o Discalzos polo Festival, aínda que o comezo desta alianza musical remóntase a fai mais de unha década. En “Heroe Secreto”, o disco que Aneiros publicou no ano 2008, xa puidemos escoitar a súa guitarra acompañando á voz de Martins que entonaba o himno da emigración galega “Unha noite na eira do trigo”. Agora, xunto ao batería Marcos Sánchez e o baixista Víctor Gacio, embárcanse nun novo proxecto conxunto interpretando un repertorio de temas propios e clásicos do blues, rock e soul.