La Regadera

 In Conciertos GA
La Regadera actuará o sábado, 7 de agosto ás 23:00h.

Cinco anos leva o combo mirandés regando o país de arriba a abaixo –e parte do extranxeiro- empapando de alegría e enerxía os escenarios máis variopintos que un puidera imaxinar e inxectando un chute de optimismo e ilusión a todo aquel que tivera a oportunidade de disfrutalos en directo…ou en diferido, xa que contan con  tres referencias discográficas: “Para que la vida no pare” (2016), “Trovadores” (2017), e “Dormir es de Cobardes” (2019)

Conforman un estrafalario octeto de algún deporte aínda por inventar, no que combinan na súa coctelera particular ingredientes como o ska, o rocksteady  ou o punk, ribeteados con pinceladas de reggae, pop e latin. A súa proposta culmina en un directo intenso, fresco e colorido, co que consiguen divertir e conmover a unha audiencia sorprendentemente amplia en canto a idade e condición, que non fai senon aumentar co paso das xiras.

O 2019 será recordado como un ano formidable en todos os sentidos. Sobrepasando de largo o medio centenar de datas (64) repartidas en proezas tales como voar por Europa e América,  completar un Guinness –lograron actuar nas 9 provincias de Castilla e León en 24 horas- participar en Girando por Salas, tocar en festivais punteiros –Tecate Coordenada, Cabo de Plata ou Extremusika- e compartir cartel con bandas do calado de Ska-p, Tequila ou Juanes.

La Regadera conforma un puzzle de oito pezas diseñado para bailar, emocionarte e vibrar.

A alineación:

Gonzalo: voz e guitarra. Diego: percusión e voces. Cristian: trompeta. Ibai: trombón.

Arturo: baixo. Toño: teclados. Gorka: batería Ixak: Guitarra