Kumpania Algazarra
Kumpania Algazarra actuará o venres, 6 de agosto ás 23:00h.
Kumpania Algazarra, o caleidoscopio sonoro
Dende as rúas de Sintra, nas aforas de Lisboa, chéganos un dos proxectos máis puxantes do noso país veciño: Kumpania Algazarra. As súas influencias son un auténtico caleidoscopio sonoro: furor balcánico, reminiscencias árabes, calor latino, o refinamento do afrobeat, e a explosividade do klezmer e o ska. Música nómada, multilingüe e universal. E se ben a súa música transmite un optimismo e unha alegría desbordantes, as súas letras son un clamor contra as inxusticias que asolan o planeta. Acaban de publicar o álbum Remixes Vol. 2 no que participan productores e dj’s de todo o globo que deron unha nova forma e ritmo ás súas trepidantes cancións.
Comezaron como unha banda de calle, pero pronto se lanzaron a conquistar escenarios e estudios de grabación, e a Kumpania Algazarra non lle foi nada mal: catro álbums de estudio, dous discos de remezclas, outro en directo, e unhas docenas de actuacións arrolladoras en algúns dos principais festivais europeos déronlles a fama de non deixar títere con cabeza, nin público sin agujetas.
En 2019 presentaron o seu álbum, ‘Let’s Go!’ , e no noso país deixáronnos un concerto memorable na Pradera de San Isidro de Madrid ante 15.000 persoas. Tras o aprazamento das datas previstas para o 2020, este ano volven a xirar por toda Europa.