BULBALKAN

 In Conciertos GA

Bulbalkan actuará o sábado 12 de agosto ás 20:00h

 

De Madrid chega esta banda formada por 9 mulleres con moi boa enerxía contaxiosa. Instrumentos de vento madeira, metal e percusión, unidos nunha atmosfera musical, cun toque balcánico nas súas melodías.

Cancións e arranxos orixinais cos que o público non deixará de bailar nos seus concertos.