Gramola Gominola

 In Conciertos GA, Uncategorized @gl
Gramola Gominola actuará o sábado, 7 de agosto ás 12:00h.

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para o público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas,Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas,Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!

Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil.

Teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia: A Gramola Gominola (2015), Cancións para desafinar (2017) e Bravas. O rexurdir da luz (2019).

Social hosted video URL is empty.