FESTICULTORES TROUPE

 In Uncategorized @gl
Festicultores Troupe actuará o sábado, 6 de agosto ás 23:00h.

Unha banda con mais de 14 anos de historia e mais de 600 actuacións en varios países como Portugal, Francia, Serbia, Polonia, España e unha habilidade irrebatible: a de cultivar a festa mais vigorosa alá onde van a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral.

Compartiron varias veces escenario con artistas como Manu Chao Radio Bemba Sound System onde foron invitados a participar no evento Baionarena no ano 2008.

Con Emir Kusturica & the no Smoking Orchestra  onde ademais de telonear en varias ocasións, foron contratados para o Festival Kusstendorf en Serbia organizado polo mítico director de cine. Fanfare Ciocarlia, Gogol Bordello, Dubioza Kolektive, Muchachito, Macaco, foron outros grupos cos que tiveron a oportunidade de compartir festa.