Fanfarria Taquikardia

 In Conciertos GA
Fanfarria Taquikardia actuará o sábado, 7 de agosto ás 20:30h.

Unha apisonadora rítmica de aires balcánicos non apta para cardíacos

Grupo de música extremo-festeiro de repertorio taquicárdico, que vai dende as melodías balcánicas a conocidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, sempre co espíritu necesario para o baile e a jarana. A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal compóñena trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-platillos.

As influencias musicais son varias: comeza polas fanfarrias de Europa do Este, os “brass ensembles” de Nova Orleans, as charangas carnavalescas caribeñas e brasileñas e a música tradicional galega. Os integrantes da banda proceden de varios grupos do panorama musical galego que tamén armaron boas festas: Cuchufellos, Os Bechuchos, Pelepau, Skandalo Gz, Pan de Capazo, Festicultores, Os Podridos, A Vaga Banda ou A Compañía do Ruído. Ninguén se queda impasible e moito menos inmóvil co brutal espectáculo que ofrece este particular conxunto musical. Con eles pódese saber cando comeza a festa, pero non cando remata.

Social hosted video URL is empty.