O “Camiño Vello” a Santo André de Teixido

 In Blog

Un dos emblemas patrimonio histórico de Galicia, é, sen dubida, o santuario de Santo André de Teixido. Un lugar de peregrinaxe mandatorio para todos aqueles que desexan coñecer máis sobre a cultura galega situado nun entorno natural privilexiado. A beleza da paisaxe costeira e a súa biodiversidade van da man das antigas igrexas, capelas e cruceiros que acompañan o camiño.

Tal e como conta a tradición, a peregrinaxe a San Andrés de Teixido comeza en Narón e remata en Cedeira, pasando polo concello de Valdoviño. Esta leva o nome de “Camiño Vello”, o mesmo trazado que seguiu o Padre Sarmiento no século XVIII.  Convértese así nun plan perfecto para descubrir os pequenos tesouros destes paraxes mergullados en lendas e espiritualidade.

O punto de partida é o Mosteiro de San Martiño do Couto ou de Xuvia, que xa no ano 1972 foi declarado Monumento Histórico-Artístico Nacional, e que será a primeiro dos moitos puntos de interese que acolle a ruta, tales como o Muíño das Aceas, o Castro Sequeiro ou o Pazo de Libunca, por nomear uns poucos. Toda a información necesaria para encamiñarse nesta viaxe está dispoñible no portal de turismo do Concello de Narón.