DEPORTE
Inscripcións
Inscripcións pechadas
Presentación
O Club Gallaecia Raid, en colaboración co Gulliver Fest, Furgo Galicia e o Concello de Narón, realiza unha xornada de orientación dentro das actividades programadas para realizar durante os días do Festival.
No Gulliver Fest poderás disfrutar de tres días con espazo para música, viaxes, literatura, actividades para nenos e nenas, onde poderás falar, compartir e coñecer aos verdadeiros protagonistas das súas historias arredor do mundo.
Ubicado en plena natureza e á beira do río Xubia en Narón, A Coruña, Gulliver Fest ofrece unha conexión entre música, viaxes, natureza e o deporte para deixar voar as vosas almas viaxeiras en busca de novos destinos.
Descripción da actividade
Realizarase unha carreira de Orientación en formato Rogaine, o Sábado 6 de Agosto.
O obxetivo deste tipo de carreiras é conseguir, durante o horario marcado, o maior número de balizas posibles. Todos os competidores realizan a saída á mesma hora e escollen o tempo de duración da súa carreira, podendo agotar o tempo completo sempre que a chegada á meta non sexa superando a hora de chegada máxima establecida.
A orde de visita ás balizas é libre, podendo cada participante escoller a ruta que mellor lles conveña. Desta forma non só escollen a ruta, senon tamén o tempo durante o cal queren participar, decidindo de forma libre cando chegar á meta e dar por concluída a súa competición.
Todas as balizas terán o valor de 1 punto.
Ganará o corredor que visite o maior número de balizas durante a competición, en caso de empate en puntos, ganará o que invertira o menor tempo.
Restarase 1 punto por cada minuto de retraso na hora establecida de peche de meta con un máximo de 5 minutos, a partir de ahí o corredor quedará descalificado. Por tanto será moi importante a estratexia para non chegar fora de hora e evitar a penalización.
Horarios
Saída: 9:30
Hora límite chegada: 12:00
Os Nenos (menores de 12 anos) poderán saír entre as horas 9:45 e 10:30, con hora límite de chegada ás 12:00.
Será obrigatorio pasar por secretaría antes da carreira para recoller a bolsa de corredor de cada participante.
Categorías
PARTICIPANTES:
Máximo de 250 persoas.
(De todas as idades)
Valorarase ampliar o prazo según condicións da organización e do Festival.
CATEGORÍAS:
- Trail longo: Para todo aquel participante maior de 12 anos que queira competir de forma individual ou en grupo. A finalidade desta disciplina pode ser a competitiva, intentando alcanzar todas as balizas no menor tempo posible, ou non competitiva, intentando visitar o maior número de balizas e finalizando o percorrido cando o participante o estime.
- Trail corto: Para todos aqueles nenos menores de 12 anos e acompañantes.
Ubicación
UBICACIÓN: Área Recreativa de Pedroso (Narón)
Trofeos
Establécense 3 categorías para os trofeos, en Percorrido Trail Longo..
- Trofeo en categoría femenina e masculina.
MATERIAL OBRIGATORIO
- Brújula
- Sistema de Hidratación
- Teléfono Móbil