BROKEN PEACH

 In Uncategorized @gl
Broken Peach actuará o domingo, 7 de agosto ás 16:30h.

Broken Peach é a banda de Soul&Rock de Vigo. Fórmase como tal a principios de 2009, despois de haber traballado xuntos en varios proxectos, creando unha nova forma de fusionar a música co espectáculo. A nova opción que este grupo nos presenta desmárcase das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretan. A súa formación habitual é de 4 voces, batería, baixo, guitarra e/ou piano. Unha das súas mellores bazas é ter unha estética extravagante, a cal dá un pouco de frescura visual ao público. O estilo de música que interpretan vai dende o soul ata o rock, pasando polo gospel, o funky, o pop, etc.