BRASSICA RAPA
Brassica Rapa actuará o sábado, 6 de agosto ás 20:00h e ás 22:30h
Brassica Rapa é unha brass band nacida a finais de 2017 buscando darlle unha volta aloconcepto de charanga. Formado íntegramente por mulleres, tocan instrumentos de vento metal e percusión e crean unha atmósfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, coa que a festa está asegurada. Trompeta, trompa, dous trombones, un saxo alto, unha tuba, unha caixa e un bombo compoñen a súa formación, que pretende reivindicar a presencia da muller neste tipo de agrupacións a través da festa.